| |
QUE FACEMOS


A través do traballo nas áreas de emprego e
formación, o CILSGA pretende mellorar a calidade profesional e
formativa dos ILSE/GI galegos, así como responder ás necesidades
dos profesionais da nosa comunidade nesta materia.
EMPREGO:
-
Difusión das ofertas de emprego para ILSE/GI
existentes a ámbito estatal.
-
Seguimento dos procesos de contratación de
ILSE/GI por parte da administración pública na comunidade
autónoma de Galicia.
-
Búsqueda de
novos xacementos de emprego para profesionais ILSE/GI.
-
Asesoramento para a posta en marcha dun
servizo de ILSE/GI ou para a contratación puntual dun ILSE/GI.
-
Información sobre as condicións laborais
necesarias para o correcto desenvolvemento do labor dun ILSE/GI,
preservando a saúde laboral dos profesionais e a calidade do
servizo proporcionado.
-
Orientación en materia de tarifas aplicables
ós servizos de interpretación/guía-interpretación.
FORMACIÓN:
-
Celebración anual das Xornadas
Galegas da Interpretación da Lingua de Signos Española.
-
Organización de actividades formativas e de
reciclaxe relacionadas coa interpretación da LSE e coa
guía-interpretación de persoas xordocegas, dirixidas tanto a
estudantes para ILSE/GI como a profesionais en activo.
-
Realización de formación continua en materias
complementarias ó exercicio da profesión de ILSE/GI (saúde
laboral, creación e xestión de empresas, etc.).
-
Colaboración con asociacións e entidades
diversas na organización de actividades de interese para o
colectivo de ILSE/GI.
-
Difusión das actividades formativas
realizadas dende outras asociacións de ILSE/GI ou dende
calquera outra entidade que oferte formación de interese
para os socios/as do CILSGA.
-
Información sobre a formación regrada vixente
en Galicia para a obtención do título de ILSE/GI, así como
sobre as probas libres realizadas a ámbito estatal a este
fin.
-
Seguimento do proceso de adaptación da
formación de ILSE/GI actual a novas titulacións.

|