| QUEN SOMOS
Dende o CILSGA queremos facer un pequeno repaso á nosa historia, xa que entre xornadas , reunións, cursos... levamos xa quince anos crecendo xuntos. Como ben sabedes, a nosa asociación comezou a súa andaina grazas a un grupo de intérpretes galeg@s que pensaron que asociarse era necesario, e foi así que o 7 de xaneiro de 1995 crearon o CILSGA coma unha entidade sen ánimo de lucro que representaría ós ILSE/GI de Galicia. Pouco a pouco foise incrementando o número de soci@s, xa que a partir do ano 1998 comezou na nosa comunidade a formación regrada a través do “Ciclo Formativo Técnico Superior en Interpretación da Lingua de Signos Española”, co que aumentou considerablemente o número de persoas tituladas e, polo tanto, os nosos asociad@s. Foron anos duros de loita por darlle á nosa profesión un trato digno, pero como todo sacrificio ten a súa recompensa, e aínda que quede moito camiño por andar, conseguíronse logros importantes. Así, os ILSE/GI galegos, ademais de realizar servizos nos distintos eidos da vida cotiá das persoas xordas e xordocegas, posibilitando que éstas accedan á información en igualdade de condicións que as persoas oíntes, están tamén presentes en centros educativos con alumnado xordo dende o curso académico 2003/2004, como persoal da administración pública. Por facernos unha idea de todo o traballo desenvolvido por CILSGA durante estes anos, recollemos aquí un resumo das actividades máis destacadas: 1995
1996
1998
1998–2002
1999
2000
2001
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
Dende a nova xunta directiva do CILSGA queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que traballaron aquí anteriormente. Intentaremos exercer as nosas funcións con responsabilidade e do mellor xeito posible, para seguir adiante coa ilusión e coas ideas coas que se iniciou o CILSGA.
|



