ILSE / GI
Que é un intérprete de lingua de
signos española (ILSE)?
Un ILSE é un profesional bilingüe capaz de interpretar as
mensaxes emitidas nunha lingua oral ou signada dunha contorna ó
seu equivalente na outra, secuencial ou simultaneamente, de
forma eficaz. Actúa coma ponte de comunicación entre dúas
linguas (signada e oral) e dúas culturas (xorda e oínte),
realizando unha mediación comunicativa entre persoas xordas e
oíntes, a través da cal facilita a participación social dos
interlocutores nunha situación de igualdade comunicativa.
Que é un guía-intérprete de persoas xordocegas (GI)?
Un GI é un profesional que efectúa unha mediación comunicativa
en calquera dos sistemas de comunicación utilizados polas
persoas xordocegas, e que ademais realiza funcións de guía e
acompañamento.
Cal é a formación actual dos ILSE/GI?
Na actualidade, os ILSE/GI fórmanse a través do Ciclo
Formativo de Grao Superior en Interpretación da Lingua de Signos,
que ten unha duración de 2000 horas e pertence á familia
profesional de Servizos
á Comunidade. En Galicia existen varios centros públicos e
privados/concertados onde se imparte esta formación.
En que ámbitos traballa o ILSE/GI?
O ILSE/GI desenvolve o seu labor en todos aqueles ámbitos da
vida cotiá onde poidan existir barreiras de comunicación entre
as persoas xordas e/ou xordocegas e as persoas oíntes: médico,
educativo, xurídico, conferencias, etc.
Que normas rexen o exercicio da profesión de ILSE/GI?
O Código Deontolóxico dos Intérpretes de Lingua de Signos e
Guías-Intérpretes do Estado Español é a normativa que rexe o
exercicio da profesión de ILSE/GI. Foi elaborado e aprobado por
FILSE (Federación Española de Intérpretes de Lingua de Signos e
Guías-Intérpretes) e as súas asociacións membro no ano 2002.
Os principios fudamentais nos que se basea son: a neutralidade,
a fidelidade e a confidencialidade.