| |
QUE FACEMOS



O CILSGA traballa
para acadar un maior coñecemento e difusión da figura
profesional do ILSE/GI entre a sociedade galega, fomentando así
o seu uso nos distintos ámbitos do medio social e, polo tanto,
unha maior participación e accesibilidade das persoas xordas e
xordocegas ós mesmos.
Neste sentido, o
CILSGA:
- Exerce coma órgano consultivo en temas relacionados
coa profesión ante calquera entidade, colectivo e/ou
particular que o demande.
- Realiza charlas de presentación da figura do ILSE/GI
a petición de centros educativos e de formación
ocupacional; de entidades públicas, privadas e/ou sen
ánimo de lucro; dos usuarios/as do ILSE/GI; e dos
propios profesionais ILSE/GI.
- Elabora e edita materias informativos e divulgativos
sobre a figura profesional do ILSE/GI e sobre o seu
labor e funcións nos distintos ámbitos de actuación nos
que está presente.
- Colabora co movemento asociativo de persoas xordas e
xordocegas nas accións encamiñadas a favorecer a
eliminación das barreiras de comunicación, así como a
difusión e o uso da lingua de signos española.
|