LSE
Que é a lingua de signos?
Denomínase lingua de signos (LS) á lingua de carácter
visoxestual, espacial e manual empregada polas persoas xordas e
o seu contorno cercano.
Que é a lingua de signos apoiada?
A lingua de signos apoiada é a variedade táctil da lingua de
signos, empregada por algunhas persoas xordocegas.
A
lingua de signos é universal?
Non. Como en toda lingua, nas linguas de signos interveñen
factores históricos, culturais, lingüísticos e sociais que
conforman, en cada comunidade, unha lingua de signos diferente
e, dentro dela, distintas variedades lingüísticas (especialmente
en canto ó léxico).
En España existen dúas linguas de signos: a LSE (lingua de
signos española, recoñecida oficialmente dende o ano 2007) e,
en Cataluña, a LSC (lingua de signos catalana).
Que é o alfabeto dactilolóxico?
O alfabeto dactilolóxico é a representación manual das letras do
abecedario. Forma parte da lingua de signos, e emprégase
puntualmente para deletrear nomes, enderezos, termos
específicos, etc.
As persoas xordocegas empregan o alfabeto
dactilolóxico en palma, que se realiza de forma táctil
sobre a man.