| |
QUE FACEMOS

O CILSGA, como
entidade que representa en Galicia á figura profesional do
intérprete de lingua de signos española (ILSE) e guía-intérprete
de persoas xordocegas (GI), asume a representación e defensa do
colectivo de profesionais galegos, que se concreta en:
- Participación no movemento asociativo estatal de
ILSE/GI, a través de FILSE (Federación Española de
Asociaciones de Intérpretes de LSE y de
Guías-Intérpretes).
- Colaboración e traballo conxunto coas entidades de
persoas xordas e xordocegas de Galicia, coma
representantes dos principais usuarios/as dos servizos
de ILSE/GI.
- Reunións periódicas cos órganos de goberno da
administración galega, tanto autonómica coma local.
- Elaboración de informes de necesidades e demandas do
colectivo, e presentación dos mesmos ante as entidades
pertinentes.
Implicación co movemento sindical de traballadores,
achegando as particularidades da profesión do ILSE/GI.


|